Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Noia aplícalle ás palmeiras a segunda dose do tratamento anual contra o picudo vermello


O Concello de Noia vén de aplicar esta semana unha nova dose do tratamento preventivo contra o picudo vermello ás palmeiras do paseo da Alameda e na súa contorna. No cuarto ano de actuación contra este insecto, o Concello aplicou neste mes de xullo a segunda das tres doses que corresponde facer cada ano.
Grazas a estas aplicacións, o Concello noiés conseguiu previr os efectos devastadores que o picudo vermello está a causar na comarca. Así, este tratamento fitosanitario aplicouse nas palmeiras situadas na Alameda, nos Xardíns de Felipe de Castro, diante do IES Virxe do Mar e do pavillón Agustín Mourís.